Artículo de Vinte

https://vinte.praza.gal/coleccion/oito-debuxantes-galegas-que-conecemos-grazas-ao-inktober

Oito debuxantes galegas que coñecemos grazas ao Inktober

VINTEmartes 22, outubro 2019

Cada mes de outubro desde hai uns anos Instagram celebra o #Inktober, un reto que convida os participantes a publicar cada día deste mes un debuxo feito a tinta. Ultimamente o reto foi derivando cara a outros tipos de debuxo, tamén dixital, ou mesmo hackeado e burlado polos usuarios, pero cada ano seguen sendo varias as ilustradoras galegas que se animan a participar no #inktober, cadaquén á súa maneira. Imos botarlles un ollo.